Thursday 16 de May de 2024

25 nenos e nenas de Frades visitaron onte Porto do Son dentro do programa ‘O sabor da aventura está no mar’


Un total de 25 nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, participaron onte luns nunha excursión gratuíta a Porto do Son organizada polo Concello de Frades dentro do programa “O sabor da aventura está no mar”, financiada pola Consellería do Mar. Unha viaxe na que estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, e monitores da empresa Vagalume Ocio e Tempo Libre.

A expedición partiu ás 9:00 horas en autobús da Casa do Concello cara o municipio de Porto do Son, onde visitaron a lonxa, o porto, a nave de redeiras e o museo. A mediodía e antes de iniciar o camiño de volta, os pequenos degustaron un almorzo a base de produtos do mar no Club Náutico, xa que o obxectivo desta campaña da Xunta de Galicia é que os nenos e nenas coñezan e consuman produtos do mar de Galicia, ademais de incidir na importancia de incluír pratos elaborados con peixe e marisco nas súas dietas alimenticias.